Rolda de preguntas. Ciencia Aberta: un novo xeito de concebir o traballo de investigación e difundir os resultados 17 de nov. de 2020
Rolda de preguntas. Ciencia Aberta: un novo xeito de concebir o traballo de investigación e difundir os resultados
O programa “Café con Sal“ é un ciclo de conferencias abertas sobre diversos temas de investigación mariña que a ECIMAT ven desenvolvendo dende o ano 2011. O principal obxectivo é o de ofrecer un punto de encontro entre investigadores, alumnos e profesionais do sector do mar co fin de compartir coñecementos, xerar debates e novas ideas que sirvan de xerme de posibles colaboracións. Este programa pretende ademais contribuír á difusión da investigación mariña realizada na Universidade de Vigo e no resto de centros de investigación da nosa área.
As conferencias teñen lugar no salón de actos da ECIMAT o primero e terceiro martes de cada mes e a X edición constará de 13 ponencias distribuídas ao longo do ano 2020