Apertrura das Xornadas de orientación profesional: PCEO Grao en Turismo e Grao en Xeografía e Historia 18 de dec. de 2020

Visto 7 veces
Marcas:
  1. Intervención de Susana Reboreda : 00:00:00
  2. Intervención de Reyes Fernández : 00:01:13

Apertrura das Xornadas de orientación profesional: PCEO Grao en Turismo e Grao en Xeografía e Historia

A Facultade de Historia celebra estas Xornadas, destinadas ao alumnado deste programa conxunto.
O obxectivo deste programa é proporcionar unha formación integral en relación ao coñecemento e competencias de Patrimonio Cultural, agrupando os coñecementos de historia, xeografía e historia da arte xunto coa xestión empresarial e co aproveitamento turístico.
Esta formación correspóndese coa necesidade de especialistas dunha profesión para a que non existe unha oferta formativa tan completa en Galicia: xestor/a de patrimonio cultural.

Presenta: Susana Reboreda Morillo
Decana Facultade de Historia, Universidade de Vigo
Mª Reyes Fernández González
Técnica Superior en Orientación Laboral, Universidade de Vigo