Eventos do proxecto G-Night 25 de maio de 2021
Eventos do proxecto G-Night
Conferencia
No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas, a Noite galega das persoas investigadoras (G-Night) encherá o 24 de setembro as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos, praias e bares. Nun ambiente festivo, e a través de conferencias, obradoiros manipulativos, rutas, teatro, música ou experimentos, pequenos e maiores, con independencia dos seus coñecementos científicos, poderán achegarse ás e aos profesionais da investigación, e así coñecer o valor do seu traballo, así como a importancia desta actividade na sociedade e tamén a das vocacións científicas.