Procedemento na UVigo para a presentación de solicitudes de proxectos de cooperación no exterior e de proxectos de investigación e creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento 1 de xuño de 2021

Visto 7 veces

Procedemento na UVigo para a presentación de solicitudes de proxectos de cooperación no exterior e de proxectos de investigación e creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento

Conferencia

Xornada de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento centrada na Cooperación Galega, actividade dirixida a dar a coñecer as convocatorias de cooperación que se están a realizar desde Galicia, así como a difundir a cooperación que se está a facer na propia universidade co obxectivo de reforzar o papel da UVigo como axente de cooperación ao desenvolvemento.

Na xornada contarase coa presenza de Carolina Diz, asesora técnica en cooperación para o desenvolvemento e acción humanitaria da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, co persoal técnico da Oficina de Proxectos Internacionais e coa presenza das persoas responsables dos proxectos que obtiveron financiamento nas últimas convocatorias de cooperación galega, que falarán dos seus proxectos e compartirán boas prácticas.

Presenta: Mª Isabel Doval Ruiz
Vicerrectora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Universidade de Vigo
Ana Mosquera
Proyectos Internacionales Investigación I+D+i. OPI- , Universidade de Vigo
Eva Garea Oya
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación, Universidade de Vigo