Proxecto Melinco 1 de xuño de 2021
Proxecto Melinco
Conferencia
Xornada de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento centrada na Cooperación Galega, actividade dirixida a dar a coñecer as convocatorias de cooperación que se están a realizar desde Galicia, así como a difundir a cooperación que se está a facer na propia universidade co obxectivo de reforzar o papel da UVigo como axente de cooperación ao desenvolvemento.
Na xornada contarase coa presenza de Carolina Diz, asesora técnica en cooperación para o desenvolvemento e acción humanitaria da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, co persoal técnico da Oficina de Proxectos Internacionais e coa presenza das persoas responsables dos proxectos que obtiveron financiamento nas últimas convocatorias de cooperación galega, que falarán dos seus proxectos e compartirán boas prácticas.