Proxecto Edubilmo 1 de xuño de 2021

Visto 8 veces

Proxecto Edubilmo

Conferencia

Xornada de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento centrada na Cooperación Galega, actividade dirixida a dar a coñecer as convocatorias de cooperación que se están a realizar desde Galicia, así como a difundir a cooperación que se está a facer na propia universidade co obxectivo de reforzar o papel da UVigo como axente de cooperación ao desenvolvemento.

Na xornada contarase coa presenza de Carolina Diz, asesora técnica en cooperación para o desenvolvemento e acción humanitaria da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, co persoal técnico da Oficina de Proxectos Internacionais e coa presenza das persoas responsables dos proxectos que obtiveron financiamento nas últimas convocatorias de cooperación galega, que falarán dos seus proxectos e compartirán boas prácticas.

Presenta: Mª Isabel Doval Ruiz
Vicerrectora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Universidade de Vigo
Fernando Ramallo
Director da Área de Normalización Lingüística, Universidade de Vigo