Quenda de preguntas. Mesa redonda: Mentoras/é Inspira STEAM Pontevedra. 9 de xuño de 2021

Visto 16 veces

Quenda de preguntas. Mesa redonda: Mentoras/é Inspira STEAM Pontevedra.

Inspira STEAM é un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía. Trátase da primeira vez que se emprega a técnica do mentoring grupal nun proxecto de fomento das STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) entre estudantes de primaria.

O corazón do noso proxecto son as mentoras, que de maneira voluntaria, achegan a súa día a día a nenas e nenos a través de seis sesións de traballo en horario lectivo. Todas elas son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión, etc.

Durante as sesións de traballo abordaranse temas como os estereotipos que nos rodean, o seu traballo ou mulleres e ciencia ao longo da Historia. Con estes encontros entre mentora e nenas quérese axudar a disipar dúbidas e obxeccións sobre as profesións en ciencia e tecnoloxía, a aclarar as súas motivacións e a afianzar a súa autoestima para iniciar este camiño profesional, se así o desexan.

Fernando Jiménez Míguez
Xerente de Gradiant
Arantxa Sucasas Hermida
Enxeñeira de Telecomunicacions. Telefónica. Mentora no CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal de Vigo.
Ana Otero Vázquez
BorgWarner