Quenda de preguntas. Recital comentado, Sonora e a voz de muller 24 de nov. de 2021
Quenda de preguntas. Recital comentado, Sonora e a voz de muller
Chus Pato e Luz Fandiño son dous dos nomes máis representativos da poesía galega actual e tamén dúas das relatoras que o vindeiro mes de novembro van participar en Vigo nun ciclo de recitais e clases abertas sobre xénero e literatura galego-lusófona actual. Elas, xunto coa profesora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela Chus Nogueira, son as representantes galegas de Vozes de mulheres nas literaturas en língua galega e portuguesa, unha actividade organizada polos docentes da Facultade de Filoloxía e Tradución Burghard Baltrusch e Antía Monteagudo, aberta ao público en xeral e que traerá tamén ata a Cidade Olívica a tres especialistas portugueses das universidades Sourbonne Nouvelle, Liverpool e a Universidade Católica de Braga.
Fonte: DUVI