Graduación da XVI e XVII promocións de titulados/as universitarios/as senior XIV e XV promocións de titulados/as superiores senior 12 de nov. de 2021

Visto 178 veces

Graduación da XVI e XVII promocións de titulados/as universitarios/as senior XIV e XV promocións de titulados/as superiores senior

Programa Universitario de Maiores

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Manuel Ramos, vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado; Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria; María José Moure, directora da Escola Aberta de Formación Permanente, e Fernando Gómez Abeijón, director xeral do Maiores da Xunta de Galicia

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle o acto de graduación da XVI e XVII promocións de titulados e tituladas universitarias sénior e a XIV e XV promoción de titulados e tituladas superiores séniors, que nos últimos dous cursos completaron os seus estudos no ciclo intensivo e no ciclo integrado do Programa Universitario de Maiores. Un total de 44 novos titulados e tituladas, procedentes dos tres campus da UVigo, reciben os seus diplomas nun acto no que, ademais das autoridades académicas, interveñen tamén o padriño destas promocións, o profesor Celso Cancela, e representantes do alumnado. A graduación complétase coas actuacións dos coros de alumnos de do Grupo de Música Tradicional do campus pontevedrés.

Reitor, Universidade de Vigo
Directora da Escola Aberta de Formación Permanente, Universidade de Vigo
Vicerreitor do Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo
Fernando González Abeijón
Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Consellería de Política Social, Xunta de Galicia
Profesor de Ciencia Política e da Administración. Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, Universidade de Vigo
José Luís Fernández
Representante da promoción de alumnos senior, Universidade de Vigo
Universidade de Vigo