Acto de entrega do III Premio Consello Social_UVigoHumana e dos Premios aos TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao Desenvolvemento e Responsabilidade Social 20 de dec. de 2021

Visto 22 veces

Acto de entrega do III Premio Consello Social_UVigoHumana e dos Premios aos TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao Desenvolvemento e Responsabilidade Social

III Premio Consello Social-UVigo Humana para a Asociación Integral de Rescate de Emerxencias e a Coordinadora Galega de ONGD. No transcurso do acto tamén se entregaron os premios aos mellores TFM/TFG en materia de Axenda 2030

Premio de ámbito internacional á ONG AIRE, Asociación Integral de Rescate de Emerxencias, e premio de ámbito autonómico para a Coordinadora Galega de ONGD para o desenvolvemento. A Universidade de Vigo entregou este luns, coincidindo co día da Solidariedade Humana, os III Premios Consello Social-UVigo Humana, galardóns co que a institución académica viguesa busca recoñecer o labor desenvolto por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación. Xunto a eles entregáronse tamén os Premios Traballo Fin de Grao e Traballo Fin de Mestrado en materia da Axenda 2030 e da Cooperación ou da Responsabilidade Social Universitaria, un agarimo da institución académica viguesa co alumnado máis comprometido cos valores que representa a Axenda 2030.

Presidiron o acto de entrega a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, María Isabel Doval, e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa. Ambos fixeron fincapé en felicitar aos premiados e, sobre todo, agradecerlles o “inmenso labor” que estas organizacións están a levar a cabo en favor das persoas máis vulnerables. “Sodes verdadeiros altofalantes das realidades silenciadas”, recalcoulle o máximo responsable do Consello Social, ao tempo que fixo fincapé na importancia duns premios cos que se trata de tecer unha sólida rede de solidariedade e afecto. “UVigo Humana é unha marabillosa representación plástica da Universidade e da súa capacidade de estar onde realmente importa a súa presenza, máis aínda nestes tempos de pandemia que trouxeron tanta dor e tanto dano, tempos nos que cobra aínda máis valor a acción xenerosa de quen coma vós estivestes e estades en primeira liña no contacto directo con quen máis o precisa”, salientoulles Pedrosa ás persoas que recolleron os premios no nome das entidades premiadas.

Presenta: Mª Isabel Doval Ruiz
Vicerrectora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Universidade de Vigo
Najla Shami
Músico
Flavia Barrio Otero
Rama: Xurídico Social, Universidade de Vigo
Lucía España Fariñas
Rama: Xurídico Social, Universidade de Vigo
Paula Cristina González Esteban
Rama: científico-Sanitario
Lucía Lobelle González
Rama: Artes e Humanidades, Universidade de Vigo
Bruno Portela López
Rama: Enxeñaría e Arquitectura, Universidade de Vigo
Gabriel Eduardo Suárez Fernández
Rama: Enxeñaría e Arquitectura, Universidade de Vigo
ONG Aire, Asociación Integral de Rescate de Emerxencias
Premiado ámbito Internacional
Ernesto Pedrosa Silva
Presidente Consello Social, Universidade de Vigo
Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Premiado ámbito galego
Organiza: Mª Isabel Doval Ruiz
Vicerrectora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Acto de entrega do III Premio Consello Social_UVigoHumana e dos Premios aos TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao Desenvolvemento e Responsabilidade Social
III Premio Consello Social-UVigo Humana para a Asociación Integral de Rescate de Emerxencias e a Coordinadora Galega de ONGD. No transcurso do acto tamén se entregaron os premios aos mellores TFM/TFG en materia de Axenda 2030
20 de dec. de 2021