Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Ricardo Beiras 6 de xuño de 2022
Podcast “Ciencia de Ida e Volta”. Entrevista con … Ricardo Beiras
A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e o medio de divulgación científica GCiencia colaboran na elaboración e difusión dunha serie de podcasts nos que investigadores e investigadoras da UVigo explican o seu traballo vinculado ao estudo dos océanos desde diferentes perspectivas. Esta actividade forma parte do plan “Ciencia de Ida e Volta”, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
A xornalista de GCiencia, Laura Veiga, conversou nesta ocasión co catedrático e coordinador do grupo Ecotox do CIM, Ricardo Beiras, que explicou o proxecto LabPlast, que pretende avaliar as interaccións dos plásticos co medio ambiente e os ciclos naturais, determinar cales son as súas procedencias, a tipoloxía e o tamaño dos residuos e o seu percorrido ata chegar ao medio mariño.
Queres saber de que falaron? Dálle ao play!