Comunicación intercultural durante a crise da Covid-19 en Estonia 5 de maio de 2022
Comunicación intercultural durante a crise da Covid-19 en Estonia
Conferencia
Neste encontro, as e os estudantes participantes tamén tiveron a oportunidade de escoitar as achegas de catro expertas en tradución e interpretación como son Tanya Escudero, Laura Linares, María Reimóndez e Kathleen March, as tres primeiras egresadas da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo.
Tanya Escudero, que actualmente traballa na Universidade de Tallín, ofreceu un relatorio sobre a comunicación intercultural durante a crise da covid en Estonia. Pola súa banda, Laura Linares, do University College Cork, que conta cunha ampla experiencia como tradutora especializada en localización de videoxogos e tamén nos fluxos de tradución de literatura galega contemporánea ao inglés, abordo o uso de metodoloxías de corpus para a análise da tradución literaria: novas perspectivas. María Reimóndez, escritora, tradutora e intérprete, afondou, pola súa banda, nos desafíos da interpretación feminista e decolonial.
Fonte: DUVI