Accesibilidade cognitiva 10 de maio de 2022
Accesibilidade cognitiva
Tradución multimedia, inclusión social e lectura sinxela. Intervención de Sonsoles Facal
A accesibilidade é un dos retos principais da Unión Europea para o futuro inmediato, xa que unha sociedade avanzada ten necesariamente que ser unha sociedade inclusiva na que todos os cidadáns teñan dereitos de acceso á cultura e á información. En España houbo bastantes avances na accesibilidade arquitectónica pero escasos no que respecta a unha comunicación accesible en tódolos ámbitos. As persoas con algunha discapacidade cognitiva ou sensorial (persoas xordas e cegas) e as que teñen dificultades de comprensión lectora (persoas maiores, inmigrantes…) teñen serios problemas de acceso a información necesaria para o día a día (documentos bancarios, textos xurídicos, solicitudes de axudas, guías de saúde, normativas de uso de bibliotecas, etc.), literatura, medios audiovisuais (cine, teatro, televisión, webseries…), museos e roteiros turísticos.

O obxectivo desta mesa redonda é ofrecer ao público asistente unha panorámica actual de canta accesibilidade e de que tipo se fai en TVE e en CRTVG, ao tempo que se presentarán exemplos de contidos accesibles (formato multimedia e formato papel) de iniciativas a prol de conseguir a inclusión de todos os individuos na sociedade da comunicación. Pola súa temática, a actividade será de interese especialmente para o alumnado do Mestrado en Tradución Multimedia, que ten unha ampla oferta de prácticas para facer contidos audiovisuais accesibles, e da Facultade de Filoloxía e Tradución, pero está aberta, pola súa transversalidade, a calquera membro da comunidade universitaria e ao público en xeral.