Entrega de premios y encuentro ALUMNI-UVIGO 2022 13 de xul. de 2022
Entrega de premios y encuentro ALUMNI-UVIGO 2022
Ano e medio despois de que se iniciasen os trámites para súa creación, máis de 1000 persoas integran a Comunidade Alumni-UVigo, que esta tarde celebrou por vez primeira na súa historia, a entrega de premios aos seus membros máis destacados e un encontro posterior. Egresadas e egresados de todas as titulacións oficiais e do Programa Univesitario de Maiores, estudantes de intercambio, PDI e PAS, conforman esta comunidade, integrada por un 51% de mulleres e por un 84% de membros que residen en España.
A praza Erasmo foi o escenario desde as 19.00 horas deste 13 de xullo da entrega dos Premios Alumni nas categorías de Emprendemento,Traxectoria Profesional, Humanidades, Impacto Social e Investigación, aos que concorreron 80 egresadas e egresados e que finalmente galardoaron o labor persoal e profesional de cinco deles: Bibiana Rodiño Janeiro, María Luz Abeijón Vidal, Martín Rodríguez Vázquez, Andrea Ruzo García e Belén Riveiro Rodríguez. Pola súa banda, os cinco ex reitores da UVigo, Luis Espada Recarey, José Antonio Rodríguez Vázquez, Domingo Docampo Amoedo, Alberto Gago Rodríguez e Salustiano Mato de la Iglesia foron recoñecidos como Alumni UVigo Honorífico polos seus méritos no desenvolvemento da institución académica, mentres que José María Franco, presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Alumni da UVigo, converteuse no primeiro Alumni-UVigo distinguido en atención a súa especial implicación coa institución.
Fonte: DUVI lo lo