Acto entrega do segundo Distintivo de Igualdade da Universidade de Vigo 11 de xul. de 2022

Visto 88 veces

Acto entrega do segundo Distintivo de Igualdade da Universidade de Vigo

Seis novos centros convértense en referentes da igualdade na Universidade de Vigo por investigar, ensinar, transferir e producir coñecemento con mirada de xénero e feminista. Fonte: DUVI

Un recoñecemento deseñado e impulsado para promover, visibilizar e recoñecer, pública e institucionalmente, o esforzo de moitas persoas que na nosa universidade loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento incorporando a mirada de xénero e feminista.

A posta en marcha o ano pasado desta distinción converteu á Universidade na primeira de España en contar cunha iniciativa coma esta, e este mesmo luns celebrouse o acto de entrega da segunda edición do Distintivo. Desta volta, no canto de escoller unha soa candidatura, como sucedera na convocatoria piloto, a Unidade de Igualdade mudou as bases para ampliar o recoñecemento a todos os centros que acreditasen unha puntuación determinada que depende do nivel actividades, iniciativas e prácticas que teñan como obxectivo impulsar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. Así, este luns recibiron os seus recoñecementos o CIM-Centro de Investigación Mariña, a Facultade de Educación e Traballo Social, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, o Cinbio-Centro de Investigacións Biomédicas e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, quedando clasificados por esta orde segundo a puntuación do xurado. Fonte: DUVI

Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Universidade de Vigo
Reitor, Universidade de Vigo
Ana Jesús López Díaz
Profesora Titular da área de Enxeñería Mecánica, Universidade da Coruña
Maria Montserrat Cabre Pairet
Universidad de Cantabria
Antía Pérez Caramés
Universidade da Coruña
Mercedes Bengoechea
Miguel Ángel Crespo Domínguez
Decano da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, Universidade de Vigo
Diana Valverde
Subdirectora, CINBIO
Marta García Mosquera
Coordinadora de Igualdade da Facultade de Ciencias de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Universidade de Vigo
Elena Alonso Prieto
Directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía , Universidade de Vigo
Xose Manuel Cid Fernández
Decano da Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Vigo
Ana Bernabeu Tello
Presidenta da Comisión de igualdade do CIM
Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.

Vídeos da mesma serie
Acto entrega do segundo Distintivo de Igualdade da Universidade de Vigo
Seis novos centros convértense en referentes da igualdade na Universidade de Vigo por investigar, ensinar, transferir e producir coñecemento con mirada de xénero e feminista. Fonte: DUVI
11 de xul. de 2022