Acto entrega do segundo Distintivo de Igualdade da Universidade de Vigo 11 de xul. de 2022
Acto entrega do segundo Distintivo de Igualdade da Universidade de Vigo
Seis novos centros convértense en referentes da igualdade na Universidade de Vigo por investigar, ensinar, transferir e producir coñecemento con mirada de xénero e feminista. Fonte: DUVI
Un recoñecemento deseñado e impulsado para promover, visibilizar e recoñecer, pública e institucionalmente, o esforzo de moitas persoas que na nosa universidade loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento incorporando a mirada de xénero e feminista.
A posta en marcha o ano pasado desta distinción converteu á Universidade na primeira de España en contar cunha iniciativa coma esta, e este mesmo luns celebrouse o acto de entrega da segunda edición do Distintivo. Desta volta, no canto de escoller unha soa candidatura, como sucedera na convocatoria piloto, a Unidade de Igualdade mudou as bases para ampliar o recoñecemento a todos os centros que acreditasen unha puntuación determinada que depende do nivel actividades, iniciativas e prácticas que teñan como obxectivo impulsar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. Así, este luns recibiron os seus recoñecementos o CIM-Centro de Investigación Mariña, a Facultade de Educación e Traballo Social, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, o Cinbio-Centro de Investigacións Biomédicas e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, quedando clasificados por esta orde segundo a puntuación do xurado. Fonte: DUVI