A tradución xurídica en galego. O/A tradutor/a intérprete da Administración de xustiza 26 de out. de 2022

Visto 43 veces

A tradución xurídica en galego. O/A tradutor/a intérprete da Administración de xustiza

Conferencia

A conferenciante falou sobre as tarefas do equipo de tradución no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e da tradución xurídica en xeral: tradución do castelán ao galego e viceversa (aínda que tamén de portugués) de resolucións xudiciais, leis e outros documentos, así como de memorias das actividades xudiciais de fiscalía, tribunais e xulgados de Galicia; interpretación simultánea en determinados actos xudiciais, como o xuízo do Prestige; tradución ao galego dos modelos do sistema informático da Administración de Xustiza (Minerva), elaboración de glosarios, asesoramento en cuestións lingüísticas ao persoal ao servizo da administración de xustiza. Tratou tamén a situación laboral das traballadoras e traballadores dos Servizos de tradución das distintas administracións.

Ana Belén Varela Miño