Toma de posesión de Persoal Docente Investigador, Catedráticos/as e profesores/as titulares 9 de xuño de 2023

Visto 226 veces

Toma de posesión de Persoal Docente Investigador, Catedráticos/as e profesores/as titulares

A Universidade de Vigo viviu “un día de festa”, unha celebración na que se homenaxeou a todos os docentes que ao longo de 2022 obtiveron praza como catedráticos/as e titulares. Son en total 114 docentes: 25 novos catedráticos, 14 catedráticas e 75 titulares 42 homes e 33 mulleres-. Para eles e elas organizouse este acto de toma de posesión no paraninfo do edificio Ernestina Otero, un “pequeno agarimo para quen é bo exemplo da vitalidade da institución, a calidade que teñen as nosas profesoras e profesores e o ben que levan facendo o seu traballo durante moito tempo", tal e como lles subliñou o reitor, Manuel Reigosa

Fonte: DUVI

Presenta: Patricia Valcárcel Fernández
Vicerrectora de profesorado e Ordenación Académica, Universidade de Vigo
Presenta: María José Bravo Bosch
Secretaria Xeral, Universidade de Vigo
Reitor, Universidade de Vigo