Facultade de Belas Artes. Campus de Pontevedra. Universidade de Vigo 22 de feb. de 2024

Visto 40 veces

Facultade de Belas Artes. Campus de Pontevedra. Universidade de Vigo

Universidade de Vigo

Situada na cidade de Pontevedra, a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo ofrece os estudos de Grao en Belas Artes, o Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda e o Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea.

A particular xeolocalización desta Facultade no noroeste da península ibérica convértea nun fito vertebrador no mapa de produción e intercambio cultural dentro do eixe atlántico da península e polo tanto tamén da comunidade europea.