Lectura da Sra. Secretaria Xeral e entrada do candidato a Doutor Honoris Causa 31 de xan. de 2011
Lectura da Sra. Secretaria Xeral e entrada do candidato a Doutor Honoris Causa
O Coro da Universidade de Vigo interpreta o Veni Creator Spiritus e Cohors Generosa
Premiar aos mellores alumnos e alumnas, abrirlles a porta aos novos doutores e acoller un novo Doutor Honoris Causa foron os tres piares da conmemoración de San Tomé de Aquino, patrón das universidades, unha celebración que se viviu este luns na Universidade de Vigo con continúas referencias á excelencia investigadora e a firme aposta da institución pola internacionalización. Ambos aspectos se personalizaron no economista de orixe galego Jorge Martínez Vázquez, investido hoxe Doutor Honoris Causa, así como no alumnado que recibiu os Premios Fin de Carreira e nos investigadores e investigadoras que recolleron os Premios Extraordinarios de Doutoramento. No acto, o reitor quixo destacar a necesidade de seguir gañando “recoñecemento e prestixio” como principais desafíos nos que a universidade debe pór a súa mirada.