Entrega dos Premios Extraordinarios de Fin de Carreira e Premios Extraordinarios de Doutoramento 31 de xan. de 2011

Visto 3598 veces

Entrega dos Premios Extraordinarios de Fin de Carreira e Premios Extraordinarios de Doutoramento

Premiar aos mellores alumnos e alumnas, abrirlles a porta aos novos doutores e acoller un novo Doutor Honoris Causa foron os tres piares da conmemoración de San Tomé de Aquino, patrón das universidades, unha celebración que se viviu este luns na Universidade de Vigo con continúas referencias á excelencia investigadora e a firme aposta da institución pola internacionalización. Ambos aspectos se personalizaron no economista de orixe galego Jorge Martínez Vázquez, investido hoxe Doutor Honoris Causa, así como no alumnado que recibiu os Premios Fin de Carreira e nos investigadores e investigadoras que recolleron os Premios Extraordinarios de Doutoramento. No acto, o reitor quixo destacar a necesidade de seguir gañando “recoñecemento e prestixio” como principais desafíos nos que a universidade debe pór a súa mirada.

Secretaria xeral, Universidade de Vigo
Organiza: Rectoria

Vídeos da mesma serie
Apertura do acto
O Coro Universitario interpreta o "Canticorum Iubilo"
31 de xan. de 2011
Lectura da Sra. Secretaria Xeral e entrada do candidato a Doutor Honoris Causa
O Coro da Universidade de Vigo interpreta o Veni Creator Spiritus e Cohors Generosa
31 de xan. de 2011
Investidura de D. Jorge Martínez-Vázquez como doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo
Por proposta do departamento de Economía Aplicada, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
31 de xan. de 2011
Discurso de ingreso
O pecado orixinal da Constitución española é o réxime foral
31 de xan. de 2011
Discurso do Reitor
31 de xan. de 2011
Intervención do Coro da Universidade de Vigo
O Coro da Universidade de Vigo interpreta o Gaudeamus Igitur
31 de xan. de 2011
Peche do acto
31 de xan. de 2011