Clausura premios ciencia que conta 15/12/2012

Visto 1878 veces

Clausura premios ciencia que conta

Ser de números ou de letras sempre foi un elemento discriminador á hora de encamiñar o futuro estudantil ou laboral, xa que durante moito tempo se consideraron dúas ramas independentes e alleas a unha da outra. Sen embargo, o concurso de relatos Ciencia que Conta, que este ano acada a súa quinta edición, demostrou que ambos campos de coñecemento non son excluíntes, senón complementarios e que unidos poden dar resultados moi positivos. O certame, organizado polo grupo da Universidade de Vigo Divulgatia e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, premiará nesta ocasión 16 historias que abordan a ciencia desde distintos puntos de vista.

Javier López Martínez
Director Xeral, Fundación Barrié

Vídeos da mesma serie
Efervesciencia. Emitido por RTVG
Espazo de información científica accesible a todos os públicos, que conduce Manuel Vicente.
15/12/2012
Discurshow. Protón
A fascinante historia dunha partícula inmortal
15/12/2012