Primeiras conferencias 1 de dec. de 2016

Visto 908 veces

Primeiras conferencias

Quenda de preguntas

As xornadas, de oito horas de duración, tratan de dar a coñecer os diferentes protocolos e recursos cos que conta a institución para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais. A finalidade é tamén visibilizar e normalizar as diferentes discapacidades, traballando a prol da aceptación das persoas con necesidades educativas especiais e favorecendo a súa relación, integración e interacción coa contorna. Paralelamente, os asistentes puideron tamén aprender a distinguir as diferentes necesidades educativas e a decidir as accións máis acaídas para poñer en marcha en cada caso.

Rocío Iglesias Alonso
Gabinete Psicopedagóxico, Universidade de Vigo
María del Carmen Cabeza Pereiro
Profesora titular, Universidade de Vigo
Ricardo Corderí Salgado
Xefe de Servizo de Extensión Universitaria, Universidade de Vigo
Equipo técnico Luis Pena Morandeira
Coordinador de producción, cámara, realizador e editor audiovisual, UvigoTv - CampusdoMarTV
Equipo técnico Miguel Grandío
UvigoTV