Persoas xordas: a barreira da linguaxe 1 de dec. de 2016

Visto 418 veces

Persoas xordas: a barreira da linguaxe

Conferencia

As xornadas, de oito horas de duración, tratan de dar a coñecer os diferentes protocolos e recursos cos que conta a institución para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais. A finalidade é tamén visibilizar e normalizar as diferentes discapacidades, traballando a prol da aceptación das persoas con necesidades educativas especiais e favorecendo a súa relación, integración e interacción coa contorna. Paralelamente, os asistentes puideron tamén aprender a distinguir as diferentes necesidades educativas e a decidir as accións máis acaídas para poñer en marcha en cada caso.

María del Carmen Cabeza Pereiro
Profesora titular, Universidade de Vigo
Equipo técnico Miguel Grandío
UvigoTV
Equipo técnico Luis Pena Morandeira
Coordinador de producción, cámara, realizador e editor audiovisual, UvigoTv - CampusdoMarTV