Normalización do contorno para as persoas con discapacidade visual 2 de dec. de 2016

Visto 773 veces

Normalización do contorno para as persoas con discapacidade visual

Conferencia

As xornadas, de oito horas de duración, tratan de dar a coñecer os diferentes protocolos e recursos cos que conta a institución para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais. A finalidade é tamén visibilizar e normalizar as diferentes discapacidades, traballando a prol da aceptación das persoas con necesidades educativas especiais e favorecendo a súa relación, integración e interacción coa contorna. Paralelamente, os asistentes puideron tamén aprender a distinguir as diferentes necesidades educativas e a decidir as accións máis acaídas para poñer en marcha en cada caso.

José Ángel Abraldes Rodeyro
Director do Centro de Recursos Educativos de Pontevedra, ONCE