Presentación 26 de nov. de 2009

Visto 2859 veces

Presentación

O Encontro centra as súas miras na actividade formativa sobre a cerámica antiga dende unha perspectiva teórica e práctica, aspecto moi demandado polos investigadores e profesionais do sector. Neste senso, o Encontro partía esencialmente como un curso de especialización en cerámica, de marcada índole práctica, impartido polo Prof. Doutor Michel Bonifay (CNRS, Aix-en-Provence), un dos meirandes especialistas en cerámica tardorromana do panorama investigador europeo.

Presenta: Fermín Pérez Losada
Profesor Titular de Arqueoloxía, Universidade de Vigo
Elena Pilar de Uña Álvarez
Vicedecana da Facultade de Historia, Universidade de Vigo
Adolfo Fernández Fernández
Fundación Pedro Barrié de la Maza, CNRS, Aix-en-Provence

Vídeos da mesma serie