Obradoiro práctico 24 de abr. de 2012

Visto 3228 veces

Obradoiro práctico

Liñas de vida horizontais. Liñas de vida verticais. Puntos de anclaxe. Utilización de equipos de protección anticaída. Rescates

As cifras demostran que queda moito por facer no eido da prevención de riscos laborais, un campo no que a Universidade de Vigo ten avanzado moito nos últimos anos. A última destas iniciativas é unha Xornada de Traballos en Altura que se desenvolve nos tres campus, xa que cada ano en Galicia prodúcense 3000 accidentes como consecuencia de caídas en altura. De feito, das 500 mortes ao ano que se producen en España por accidentes de traballo, o 8% débense a este tipo de incidentes, sendo a causa máis frecuente con medio cento de falecementos a nivel nacional. Os programas de prevención son instrumentos eficaces para frear esta drástica tendencia, motivo polo que o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade organizou esta primeira xornada formativa. Ao longo de todo o día, técnicos, especialistas, enxeñeiros e responsables de empresas ofreceron aos preto dun cento de asistentes un percorrido tanto polo equipamentos de seguridade, como polas medidas máis idóneas e as normativas, así como varios obradoiros prácticos no campus e nas sedes de empresas deste eido.

Jorge Herranz García
Técnico Superior PRL., Sociedade de Prevención Fremap
Pedro A. Castillón Palomeque
Técnico Superior PRL., Sociedade de Prevención Fremap
Eduardo Moure Pedreira
Técnico Superior PRL., Sociedade de Prevención Fremap
Carolina Ribeiro Solino
Técnico Superior PRL., Sociedade de Prevención Fremap
Organiza: Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie