Irán: Terra das mulleres indomables 15 de out. de 2009

Visto 3198 veces

Irán: Terra das mulleres indomables

A análise da violencia simbólica contra as mulleres como xerme de toda violencia física centrou o seminario Violencias (In)visibles organizado polo Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias e que contou no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución coa participación de destacadas expertas en Ciencias Políticas, Filosofía e Literatura. Así, no seminario analizáronse os imaxinarios colectivos de distintas culturas do mundo habida conta de que cada sociedade patriarcal ten unhas formas propias culturais de sustentar a diferenciación sexual.

Nazanín Amirian
Politóloga, escritora e xornalista