Intervención de Amelia Rodríguez, Responsable da Oficina de Relacións Internacionais (ORI). Universidade de Vigo. 2 de xuño de 2017

Visto 546 veces

Intervención de Amelia Rodríguez, Responsable da Oficina de Relacións Internacionais (ORI). Universidade de Vigo.

É a rede de estudantes máis grande de Europa e o principal apoio do alumnado que participa no programa de mobilidade Erasmus, tanto durante a súa estadía no estranxeiro, como nos meses previos. Erasmus Student Network, ESN, España celebra deste hoxe e ata o domingo no campus de Vigo a reunión anual da súa federación na que, máis de 130 delegadas e delegadas de seccións, así como invitadas e invitados chegados de países como Portugal, Holanda e Serbia, analizarán o presente e o futuro da rede. “O obxectivo do encontro é presentar o traballo realizado durante todo o curso por parte da Xunta Directiva e os diferentes comités e proxectos que forman a rede ESN España. Así mesmo, elixirase a Xunta Nacional 2017-2018 e tamén terán lugar debates sobre as relacións entre ESN España e as institucións, a influenza da rede no futuro das bolsas Erasmus e sobre todo a evolución da estrutura de ESN España”, explica Gonzalo Rey, presidente de ESN Vigo, que por terceira vez organiza esta xuntanza na Universidade de Vigo.

Presidente, Erasmus Student Network España
Amelia Rodríguez Piña
Directora Técnica da Oficina de Relacións Internacionais, Universidade de Vigo