Intervención de Samuel López Carril, Presidente da Erasmus Student Network España 2 de xuño de 2017
Intervención de Samuel López Carril, Presidente da Erasmus Student Network España
É a rede de estudantes máis grande de Europa e o principal apoio do alumnado que participa no programa de mobilidade Erasmus, tanto durante a súa estadía no estranxeiro, como nos meses previos. Erasmus Student Network, ESN, España celebra deste hoxe e ata o domingo no campus de Vigo a reunión anual da súa federación na que, máis de 130 delegadas e delegadas de seccións, así como invitadas e invitados chegados de países como Portugal, Holanda e Serbia, analizarán o presente e o futuro da rede. “O obxectivo do encontro é presentar o traballo realizado durante todo o curso por parte da Xunta Directiva e os diferentes comités e proxectos que forman a rede ESN España. Así mesmo, elixirase a Xunta Nacional 2017-2018 e tamén terán lugar debates sobre as relacións entre ESN España e as institucións, a influenza da rede no futuro das bolsas Erasmus e sobre todo a evolución da estrutura de ESN España”, explica Gonzalo Rey, presidente de ESN Vigo, que por terceira vez organiza esta xuntanza na Universidade de Vigo.