Fire-RS, proxecto internacional de detección remota de incendios forestais a través de picosatélites e drones 13 de feb. de 2017
Fire-RS, proxecto internacional de detección remota de incendios forestais a través de picosatélites e drones
Rolda de Preguntas
A Agrupación Aeroespacial e o grupo CIMA da Universidade de Vigo coordinan o proxecto Fire-RS, WildFire Satellite and UVAs Remote Sensing System, que cun financiamento con cargo ao programa Interreg próximo aos dous millóns de euros, implementará un demostrador tecnolóxico baseado nun sistema innovador de detección, mapeado e predición do comportamento dos incendios forestais, mediante a combinación do uso de sensores infravermellos despregados nos montes; un satélite Cubesat (LUME 1); unha flota de vehículos non tripulados (UAVs) con cámaras no infravermello próximo e un software de modelado e predición de incendios. Coa participación da Universidade de Porto e do Laboratorio de Análises e Arquitectura de Sistemas de Toulouse, o proxecto Fire-RS, coordinado polo docente e investigador da Universidade de Vigo Fernando Aguado, ten unha duración de tres anos e previsiblemente será en 2018 cando se produza o lanzamento do satélite, iniciándose entón as probas cos vehículos non tripulados, os sensores de infravermello terrestres e o software de avaliación e predición do lume.