Presentación de Carolina Espinoza 12 de set. de 2018
Presentación de Carolina Espinoza
A Asociación Española de Estudos Literarios Hispanoamericanos (AEELH) organiza Congresos internacionais de forma bienal dende 1994. Este encontro ten unha temática estreitamente ligada á cidade olívica, como é a migración. Este fenómeno forma parte consustancial da historia de Galicia e de Vigo en particular, cidade que foi ao longo dos séculos unha porta de entrada e saida dende e cara América. Isto refléxase, por exemplo, na nomenclatura urbana e vial de Vigo que evidencia este fluxo migratorio transoceánico e nas múltiples iniciativas tanto persoais como institucionais de proxectos transatlánticos como, por exemplo, a centenaria Biblioteca América impulsada polo emigrante galego Gumersindo Busto ou o Archivo da Emigración Galega dependente do Consello da Cultura Galega.
Millóns de persoas, en distintas etapas históricas, trasladaronse a América ao longo de cinco séculos en busca dun porvir mellor, fuxindo da fame, a falta de oportunidades ou a inxustiza. Así mesmo, a partires dos anos sesenta do pasado século as dificultadas políticas, económicas e sociais experimentadas polos países de América Latina, deron un xiro a este proceso ó convertírense Europa no destino da emigración. Esta eterna viaxe de ida e volta, propio das migracións, estableceu profundos, complexos e tamén polémicos vínculos intercontinentais, que ainda hoxe perduran e que a literatura recolleu e recolle en tódolos seus xéneros conformando un corpus esencial para os estudios literarios e culturais transatlánticos. Comprender e analizar este fenómeno a través da literatura hispanoamericana tamén nos permitirá trazar líñas de conexión coas actuais migracións en Europa e América Latina.
O verso da canción Frontera de Jorge Drexler: “Yo no sé de dónde soy, mi casa está en la frontera” é o que queremos que sirva de catalizador simbólico para reflexionar sobre la experiencia migratoria volcada en todo tipo de textos desde os narrativos, poéticos o teatrais ata os cronísticos, autobiográficos, epistolares ou os que se escriben en novos soportes de creación como as redes sociais ou o blog.
A amplitude cronolóxica das migracións entre España e Hispanoamérica, así como a súa reversibilidade continental permitirá
analizar o fenómeno dende ángulos e metodoloxías diversas. Por outra parte, non queremos esquencer outras migracións hispanoamericanas como as internas do campo as grandes urbes ou as externas cara Estados Unidos.
Como orientación para a participación no congreso propoñemos as siguintes líñas temáticas:
• A presencia dos fenómenos migratorios nos textos literarios.
• Mitos e imáxes da emigración na literatura hispanoamericana.
• A desterritorialización e a literatura nos tempos da globalización.
• Construcción literaria das identidades en movemento.
• As migracións transfronteirizas e transculturais.
• A literatura do exilio.
• Os escritores emigrantes que se insertan no sistema literario do país de acollida.
• A experiencia migratoria ns xéneros tanto biográficos como autobiográficos.
• Literatura transatlántica: hibridez e intercambio cultural entre Hispanoamérica e Europa.
• Escritura migrante, canon literario e ensinanza da literatura latinoamericana.