Mesa redonda: As empresas de interpretación e de organización de eventos e os clientes finais 7 de feb. de 2019

Visto 52 veces

Mesa redonda: As empresas de interpretación e de organización de eventos e os clientes finais

Convidamos as axencias de tradución e interpretación e as empresas organizadoras
de eventos a falaren de como ven o mercado na actualidade, tanto aquelas que fan
de intermediarias entre clientela final e intérpretes coma os propios clientes finais.
O obxectivo é falarmos de novos axentes que comezan a introducirse neste sector e
de como consideran as participantes que isto está a mudar o seu xeito de traballar e
as condicións de traballo para as e os profesionais, ademais de coñecer as principais
problemáticas e necesidades deste sector na actualidade e a súa relación con esta
industria.

Modera: Lara Domínguez
Intérprete de conferencias e doutora en Interpretación
Aída Cordeiro
CEO, AttesorTraducción e Comunicación
Elena Martín
Xerente, NartranTranslations
Ana Trevisani
Presidenta, OPC Galicia
Belén Vallina
Xerente, Fundación Vigo Convention Bureau