Benvida. Informe Anual do CINBIO. Fitos acadados 21 de mar. de 2019

Visto 16 veces

Benvida. Informe Anual do CINBIO. Fitos acadados

Intervención de Africa González, Directora do CINBIO

213 persoas integran a día de hoxe o Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, un centro singular de investigación, que botou a andar no ano 2009 e que, unha década despois da súa creación, reuniu ao seu persoal no seu primeiro encontro anual, co obxectivo de facer balance, coñecer o traballo dalgúns dos grupos de investigación que o integran e premiar a, neste caso, á investigadora Ana Sousa pola publicación do artigo con maior índice de impacto IF 2018. “É un día de festa, de encontro persoal do centro e que queremos que teña continuidade. Un día para todos, para poñer cousas en común e recoller opinións, co obxectivo de seguir progresando, coñecernos mellor, tender pontes entre os grupos e sobre todo entre o alumnado pre e postdoc”, explica África González, directora do Cinbio.

Precisamente foi a catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo a encargada de facer balance da traxectoria do Centro de Investigacións Biomédicas desde o seu nacemento ata a actualidade e fixar algúns obxectivos, que considera que o Cinbio debe enfrontar, como acadar o financiamento que outorga a Xunta para asegurar a súa continuidade como centro singular de investigación de Galicia ou a necesidade de incrementar a colaboración dos grupos do centro coas empresas. González foi a primeira en tomar a palabra neste encontro no que Mercedes Peleteiro, responsable do Servizo de citometría, foi a encargada de detallar a actividade e equipamentos cos que contan os cinco servizos que integran na actualidade o Cinbio, á espera da entrada en funcionamento en breve do Laboratorio de contención biolóxica nivel 3. Pola súa banda, os investigadores David Posada e Herminia Domínguez detallaron o traballo que desenvolven no Laboratorio de Filoxenómica e no Grupo EQ-2, respectivamente, mentres que Yolanda Diz e Gustavo Bodelón achegaron ás e aos asistentes á xornada a súa experiencia como investigadores emerxentes. Tras a celebración dun espazo para a posta en común de ideas, a sesión finalizou coa entrega a Ana Sousa do premio ao artigo orixinal con maior IF 2018.

i18n.one.Series: I Encontro Anual CINBIO
África González
Directora del Centro De Investigaciones Biomédicas (CINBIO), Universidade de Vigo