Entrega do premio ó articulo con maior indice de impacto do 2018 21 de mar. de 2019

Visto 12 veces

Entrega do premio ó articulo con maior indice de impacto do 2018

213 persoas integran a día de hoxe o Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, un centro singular de investigación, que botou a andar no ano 2009 e que, unha década despois da súa creación, reuniu ao seu persoal no seu primeiro encontro anual, co obxectivo de facer balance, coñecer o traballo dalgúns dos grupos de investigación que o integran e premiar a, neste caso, á investigadora Ana Sousa pola publicación do artigo con maior índice de impacto IF 2018. “É un día de festa, de encontro persoal do centro e que queremos que teña continuidade. Un día para todos, para poñer cousas en común e recoller opinións, co obxectivo de seguir progresando, coñecernos mellor, tender pontes entre os grupos e sobre todo entre o alumnado pre e postdoc”, explica África González, directora do Cinbio.

Precisamente foi a catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo a encargada de facer balance da traxectoria do Centro de Investigacións Biomédicas desde o seu nacemento ata a actualidade e fixar algúns obxectivos, que considera que o Cinbio debe enfrontar, como acadar o financiamento que outorga a Xunta para asegurar a súa continuidade como centro singular de investigación de Galicia ou a necesidade de incrementar a colaboración dos grupos do centro coas empresas. González foi a primeira en tomar a palabra neste encontro no que Mercedes Peleteiro, responsable do Servizo de citometría, foi a encargada de detallar a actividade e equipamentos cos que contan os cinco servizos que integran na actualidade o Cinbio, á espera da entrada en funcionamento en breve do Laboratorio de contención biolóxica nivel 3. Pola súa banda, os investigadores David Posada e Herminia Domínguez detallaron o traballo que desenvolven no Laboratorio de Filoxenómica e no Grupo EQ-2, respectivamente, mentres que Yolanda Diz e Gustavo Bodelón achegaron ás e aos asistentes á xornada a súa experiencia como investigadores emerxentes. Tras a celebración dun espazo para a posta en común de ideas, a sesión finalizou coa entrega a Ana Sousa do premio ao artigo orixinal con maior IF 2018.

i18n.one.Series: I Encontro Anual CINBIO
Presenta: África González
Directora del Centro De Investigaciones Biomédicas (CINBIO), Universidade de Vigo
Presenta: Florentino Fdez-Riverola
IP, Grupo Sistemas Informáticos de Nova Xeración (SING)
Ana Sousa
Estudante de doutoramento na Facultade de Química, Universidade de Vigo