Intervención de Argimiro Rojo 25 de xuño de 2019

Visto 20 veces

Intervención de Argimiro Rojo

Presidente do Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo

Aínda que non foi ata o ano 2001 que a figura do Defensor Universitario se converteu en obrigatoria no sistema universitario español, a Universidade de Vigo xa contaba desde 1999 cun Tribunal de Garantías. Desde entón pasaron 20 anos, dúas décadas nas que este órgano se converteu no “observatorio independente e imparcial” da vida universitaria, tal e como lembrou o profesor Argimiro Rojo, actual presidente do tribunal. Fíxoo nun acto no que se celebrou o 20 aniversario dunha institución, o TG, que, en cumprimento dos novos Estatutos da Universidade, dará paso en datas próximas a unha nova etapa cun Valedor ou Valedora Universitaria a fronte, alguén que, como subliñou o actual reitor, Manuel Reigosa, “desde un punto de vista totalmente independente, sexa quen de tirar das orellas cando hai que facelo, e que permita tamén que todos os estamentos da Universidade de Vigo –alumnado, PDI e PAS- se vexan reflectidos nesta institución que é de todos e para todos”.

Con este acto a Universidade de Vigo quixo ofrecer unha homenaxe a todas as persoas que formaron parte do Tribunal de Garantías ao longo destes anos, “e así poder expresar publicamente, e a través da entrega dun pequeno agasallo, un sentimento de gratitude e recoñecemento”, explicou Rojo no seu discurso, unha intervención con sabor a despedida na que, visiblemente emocionado, quixo compartir co conxunto da comunidade universitaria “a satisfacción de ter contribuído ao longo destes anos á defensa e á promoción dos dereitos e intereses lexítimos do alumnado, do PAS e do PDI”.

O acto, no que se repasaron as principais actividades e funcións do tribunal ao longo destes anos, tivo un marcado carácter lúdico e festivo. Conducido polo vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, e amenizado polo dúo musical Riobó & Pintos, composto por Anxo Pintos e Begoña Riobó, incluíu a proxección dun vídeo de arredor de dez minutos de duración no que apareceron persoas, escenarios, conceptos, ideas e informacións que mostraron o por que e o para que do tribunal.

Argimiro Rojo Salgado
Presidente, Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Benvida de Mónica Valderrama
Vicerrectora de Comunicación y Relaciones Institucionales, Universidade de Vigo
25 de xuño de 2019
Intervención de Argimiro Rojo
Presidente do Tribunal de Garantías da Universidade de Vigo
25 de xuño de 2019
Intervención de Manuel Reigosa
Reitor da Universidade de Vigo
25 de xuño de 2019
"Limóns"
Composto por Anxo Pintos
25 de xuño de 2019
Intervención de Anxo Pintos
Oxirinal de Nazario González "Moxenas", arreglo de Begoña Riobó e Anxo Pintos
25 de xuño de 2019
"A Laranxeira"
Oxirinal de Nazario González "Moxenas", arreglo de Begoña Riobó e Anxo Pintos
25 de xuño de 2019
Intervención de Begoña Riobó
Orixinal de Anxo Pintos
25 de xuño de 2019
"Cancro Crú"
Orixinal de Anxo Pintos
25 de xuño de 2019
Entre Isoglosas
Composición tradicional, con arranxos de Begoña Riobó
31 de xul. de 2019