"Estes estudantes marcan un camiño" 5 de mar. de 2020
"Estes estudantes marcan un camiño"
Intervención de Iñigo Cuiñas Gómez, director de la Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
O acto de apertura do foro serviu para que os tres directores das escolas e o reitor puxeran en valor o talento que nace no campus e a súa importancia para construír “un país máis próspero e competitivo do que a xente non teña necesidade de emigrar”, en palabras do reitor, que destaba o caracter industrial de Vigo e puña en valor o Vigo Tecnolóxico como catalizador dese talento. “Queremos ser un femento, unha peza clave dentro do redespertar da industrialización de Galicia” e, aínda que é “unha terefa de primeiro nivel que excede as nosas capacidades como universidade, a traves do campus de especialización podemos achegar excelentes titulados e xerar investigación e coñecemento”.
En total, ao longo dos tres días que dura o foro desenvolveranse diferentes actividades, dende unha feira con postos de empresas instalados no vestíbulo da EE de Minas e Enxería, pasando por talleres, conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos sobre dinámicas de grupo, personal branding, xestión de habilidades, claves para a inserción laboral en diferentes sectores, responsabilidade empresarial ou tamén con presentacións de empresas ou os avances e retos de diferentes sectores tecnolóxicos. En total, están implacadas arredor de 40 firmas de diferentes eidos, como Optare, Deloitte, Brainport, Cortizo, os diferentes colexios profesionais, Indra, Televés, R, Altia, Pescanova ou Finsa, entre outras, son xa veteranas no foro, e a elas súmanse novas incorporacións como o grupo Oesía, GBTec, Egatel ou PWC.
Fonte: DUVI