Día das Letras Galegas. O Día das Letras con voz de muller 21 de maio de 2021
- Apertura, coa presenza dos decanos da Facultade de Educación e Traballo Social e da Facultade de Filoloxía e Tradución : 00:00:01
- Intervención de Ana María Iglesias Álvarez : 00:02:00
- Intervención de Xosé Soto Andión : 00:08:42
- Intervención de Alexandre Rodríguez Guerra : 00:10:33
- Intervención de Darío Gil Arias : 00:16:17
- Presentación de traballos do alumnado inspirados na obra de Xela Arias (2 Vídeos) : 00:20:04
- María Yañez -Tras os pasos de Xela Arias- : 00:30:03
- Presentación de traballos do alumnado inspirados na obra de Xela Arias (2 Vídeos) : 01:01:20
- Quenda de preguntas. Tras os pasos de Xela Arias- : 01:09:35
- Vou Contar de Min (vídeo) : 01:25:32
- Presentación musical do libro-álbum O globo vermello, de Xosé Constenla : 01:37:14
- Interpretación musical de Xosé Constenla : 01:42:56
- Peche del acto : 02:00:37
Día das Letras Galegas. O Día das Letras con voz de muller
A que un día foi tamén a súa universidade, a Universidade de Vigo, uniuse este xoves á homenaxe que se lle rende este ano no Día das Letras Galegas a Xela Arias. Familiares da escritora, autoridades, membros da comunidade universitaria e futuros mestres e mestras coma a escritora lucense déronse cita nun acto na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense no que, recollendo o gusto de Xela por achegar a poesía a outras artes, a través da palabra, da fotografía e da música se quixo render tributo a esta poeta, tradutora e mestra.
Os actos estiveron organizados pola Facultade de Educación e Traballo Social, a Facultade de Filoloxía e Tradución, a Vicerreitoría do Campus de Ourense- Campus-Auga e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo