Effects of Vespa velutina on pollinators and ecosystem services 18 de nov. de 2021
Effects of Vespa velutina on pollinators and ecosystem services
Conference
Algúns dos e das especialistas máis destacados na loita contra a avespa asiática arredor do mundo danse cita dende este mércores no campus de Vigo nun congreso organizado polo proxecto Atlantic-POSitiVE (Conservation of Atlantic Pollination services and control of the invasive species vespa velutina). Esta é a maior iniciativa de investigación posta en marcha en Europa para frear a invasión da avespa asiática, liderada polo Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia Norte de Portugal, CEER, unha entidade formada polas seis universidades públicas deste territorio. O proxecto conta cun orzamento de máis de 2,3 millóns de euros e implica a dez institucións de España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido, coas que colaboran tamén outros vinte organismos, entre eles asociacións de apicultores de varios puntos de España, Portugal e Francia.
Fonte: DUVI