Quenda de preguntas. As presidenciais francesas de 2022: unha reflexión desde a perspectiva europea 10 de maio de 2022
Quenda de preguntas. As presidenciais francesas de 2022: unha reflexión desde a perspectiva europea
Dentro do ciclo de conferencias sobre UE para a Aula de Maiores, abórdanse as presidencias francesas de 2022. Faise unha presentación dos poderes presidenciais e do sistema electoral, así como das presidencias da V República ata 2017. As presidencias dese ano supuxeron unha ruptura completa co sistema de partidos imperante e un choque claro sobre a UE entre Marine Lepen e Emmanuel Macron, que se repite en 2022. Lepen aposta pola prioridade nacional, a primacía do dereito francés, o proteccionismo económico e unha Alianza Europa de Nacións soberanas. Macron por incrementar o orzamento da UE, por un goberno económico europeo con débeda pública e unha Comunidade Política Europa da que formen parte mesmo países alleos á UE. En todo caso, 2022 supón a fin da fronte republicana contra a extrema dereita.