A lingua e as letras guaranís e a súa difusión 26 de maio de 2022

Visto 6 veces

A lingua e as letras guaranís e a súa difusión

Conferencia

Presentación da antoloxía bilingüe guaraní-galego Rosalía ñe’ë poravopyre (Escolma poética de Rosalía), unha selección poética de Follas Novas de Rosalía de Castro, matriarca das letras galegas, con traducións en guaraní da tamén poeta Susy Delgado. A edición do libro conta co apoio do Centro Cultural de España Juan de Salazar e foi publicada pola Editorial Arandurä. A publicación conta tamén cos auspicios da Universidade de Vigo e a Fundación Rosalía de Castro.

Presenta: Iolanda Galanes
Profesora do Departamento de Tradución e Lingüística, membro do grupo Bitraga, Universidade de Vigo
Delicia Villagra
Academia da Lingua Guaraní

Vídeos da mesma serie