Os aspectos poéticos da tradución de Follas Novas 26 de maio de 2022

Visto 8 veces

Os aspectos poéticos da tradución de Follas Novas

Conferencia

Presentación da antoloxía bilingüe guaraní-galego Rosalía ñe’ë poravopyre (Escolma poética de Rosalía), unha selección poética de Follas Novas de Rosalía de Castro, matriarca das letras galegas, con traducións en guaraní da tamén poeta Susy Delgado. A edición do libro conta co apoio do Centro Cultural de España Juan de Salazar e foi publicada pola Editorial Arandurä. A publicación conta tamén cos auspicios da Universidade de Vigo e a Fundación Rosalía de Castro.

Presenta: Iolanda Galanes
Profesora do Departamento de Tradución e Lingüística, membro do grupo Bitraga, Universidade de Vigo
Susy Delgado
Poeta e tradutora de Follas Novas ao guaraní

Vídeos da mesma serie