Intervención dos representantes dos estudantes do mestrado en Enxeñaría Industrial 2 de xuño de 2022

Visto 26 veces

Intervención dos representantes dos estudantes do mestrado en Enxeñaría Industrial

Acto de graduación de 318 alumnas e alumnos, 318 novos profesionais que saen ao mercado dispostas e dispostos a pór todo da súa parte para incorporarse con éxito ao tecido económico e empresarial. 250 acaban de rematar as súas titulacións de grao e os demais finalizaron xa os seus mestrados: 48 o Máster de Enxeñaría Industrial; 9 o Máster en Enxeñaría de Organización e 11 os diferentes másteres profesionalizantes que oferta o centro e que inclúen temáticas como enerxía e sostenibilidade, mecatrónica, automoción, procesos de deseño e fabricación mecánica e riscos laborais.

Dos 250 novos titulados/as de grao, 89 realizaron o Grao en Enxeñaría Mecánica; 59 en Electrónica e Automática; 46 en Organización Industrial; 34 en Tecnoloxías Industriais; 12 en Química Industrial e 10 en Enxeñaría Eléctrica.

Fonte: DUVI

Presenta: Ana Mª Mejías Sacaluga
Subdirectora de organización docente, Escola de Enxeñería Industrial de Vigo
Aida Santos Rey
Mestrado en Enxeñaría Industrial, Universidade de Vigo
Rubén Darío Dominguez
Mestrado en Enxeñaría Industrial, Universidade de Vigo