Acto de Graduación da Escola de Enxeñaría Industrial 2 de xuño de 2022

Visto 60 veces

Acto de Graduación da Escola de Enxeñaría Industrial

Acto completo

Acto de graduación de 318 alumnas e alumnos, 318 novos profesionais que saen ao mercado dispostas e dispostos a pór todo da súa parte para incorporarse con éxito ao tecido económico e empresarial. 250 acaban de rematar as súas titulacións de grao e os demais finalizaron xa os seus mestrados: 48 o Máster de Enxeñaría Industrial; 9 o Máster en Enxeñaría de Organización e 11 os diferentes másteres profesionalizantes que oferta o centro e que inclúen temáticas como enerxía e sostenibilidade, mecatrónica, automoción, procesos de deseño e fabricación mecánica e riscos laborais.

Dos 250 novos titulados/as de grao, 89 realizaron o Grao en Enxeñaría Mecánica; 59 en Electrónica e Automática; 46 en Organización Industrial; 34 en Tecnoloxías Industriais; 12 en Química Industrial e 10 en Enxeñaría Eléctrica.

Fonte: DUVI

Presenta: Ana Mª Mejías Sacaluga
Subdirectora de organización docente, Escola de Enxeñería Industrial de Vigo