Quenda de preguntas. Bestiario diverso de personaxes normais 18 de out. de 2022

Visto 2 veces

Quenda de preguntas. Bestiario diverso de personaxes normais

Coeducamos? Con esta pregunta de fondo lánzase na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense unha nova edición, a oitava, do seu Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Cada martes do mes de outubro desenvolverase neste centro unha conferencia que permitirá establecer un diálogo directo entre o público interesado, sobre todo as e os futuros mestres e mestras que se forman no campus, e as creadoras ou creadores de obras para as e os lectores máis novos.

A actividade está organiza como en anteriores ocasións pola profesora da Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo Isabel Mociño e conta co apoio da Vicerreitoría do Campus de Ourense, da Facultade de Educación e Traballo Social e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua, que colabora con este ciclo ao abeiro do convenio que ten coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Fonte: DUVI

Presenta: Verónica Pousada Pardo
Departamento Filoloxía galega e latina, Universidade de Vigo
Antonio M. Fraga