Acto académico de San Tomé de Aquino 2023 27 de xan. de 2023

Visto 371 veces

Acto académico de San Tomé de Aquino 2023

Máis de 150 estudantes recibiron os premios de excelencia que outorga a UVigo

Máis de 150 estudantes da UVigo recibiron este venres os galardóns que as e os acreditan como o alumnado máis excelente de grao, doutoramento e mestrado dos dous últimos cursos. A celebración do patrón da Universidade, San Tomé de Aquino, estivo protagonizada un ano máis por quen o reitor, Manuel Reigosa, definiu como “unha colleita de xente ben preparada”, dos que dixo “sodes o futuro”, nun acto celebrado este mediodía no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Ante o alumnado premiado e as súas familias, o reitor gabou o seu esforzo e talento, nun discurso que centrou en destacar a evolución experimentada pola UVigo, que a sitúan entre as 600 mellores da mundo, así como os retos que enfronta e que aparecen recollidos no seu Plan Estratéxico, e entre os que destacou: ter unha universidade galega, igualitaria e internacional. Fonte: DUVI

Presenta: Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor, Universidade de Vigo
Secretario xeral, Universidade de Vigo
Manuel Sabucedo
Violín
Chiara Morstabilini
Viola
Violoncello
Mila Ut
Soprano

Vídeos da mesma serie
Acto académico de San Tomé de Aquino 2023
Máis de 150 estudantes recibiron os premios de excelencia que outorga a UVigo
27 de xan. de 2023