XI edición das axudas Incuvi-Emprende, VII Incuvi-Avanza e III Incuvi-Consolida 25 de xan. de 2023

Visto 55 veces

XI edición das axudas Incuvi-Emprende, VII Incuvi-Avanza e III Incuvi-Consolida

Doce bolsas Incuvi-Emprende, catro Incuvi-Avanza e unha Incuvi-Consolida

Desde un proxecto de fomento do enoturismo galego ata outro de creación artística na Costa da Morte; dunha solución de mensaxería colaborativa ata outra que propón trampas selectivas para diferentes tipos de insectos. A Universidade de Vigo entrega os diplomas ás persoas gañadoras da XI edición das axudas Incuvi Emprende para aquelas ideas que se atopan no seu nivel de desenvolvemento máis básico; VII Incuvi Avanza, para os proxectos que xa teñen certo nivel de maduración e unha axuda Incuvi Consolida para un proxecto que, tras pasar polos dous programas anteriores, busca consolidarse.

Son 17 novas axudas coas que impulsar, un ano máis, o nacemento dunha nova xeración de emprendedoras e emprendedores “que nos axuden a que Galicia sexa un lugar máis próspero e máis agarimoso coa súa sociedade”, tal e como indicou o reitor, Manuel Reigosa, na entrega dos diplomas, un acto que se celebrou na sala 1 do edificio Miralles e no que estivo acompañado na mesa pola vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini; o delegado do Goberno no Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, e a xerente de institucións do Banco Santander, Eugenia Fandiño, así como, xa entre o público, representantes das principais entidades, tanto públicas como privadas, que patrocinan e colaboran con esta iniciativa.

Fonte: DUVI

Reitor, Universidade de Vigo
David Regades Fernández
Delegado del Estado en el Consorcio de la Zona Franca de Vigo
Eugenia Fandiño
Gerente de instituciones, Banco Santander
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo
Cayetana de Ozámiz Diéguez
Iniqual
Nacho Iglesias
VI&GO
Iría Campos
ODS Protein
Equipo técnico Paco Brisaboa TécnIco UvigoTV-CdMTV
Técnico Audiovisual, TELTEK Video Research S.L.

Vídeos da mesma serie
XI edición das axudas Incuvi-Emprende, VII Incuvi-Avanza e III Incuvi-Consolida
Doce bolsas Incuvi-Emprende, catro Incuvi-Avanza e unha Incuvi-Consolida
25 de xan. de 2023