Saídas profesionais dos estudos de Galego. Ámbito editorial 16 de feb. de 2023

Visto 10 veces

Saídas profesionais dos estudos de Galego. Ámbito editorial

Conferencia

Investigación, docencia, asesoramento lingüístico, xestión cultural... Son ben diversas as saídas laborais que teñen por diante as e os titulados de estudos de galego na Universidade de Vigo. Para explicar todas elas e detallar todas as súas posibilidades, a Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu unha xeira informativa organizada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina, onde antigas estudantes do centro explicarán ao actual alumnado cales son as saídas posibles no mundo laboral.

Fonte: DUVI

Presenta: María Bará Louro
Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades
Anaír Rodríguez
Traductora, Editora, Xerais