Instituto da Lingua Galega 15 de feb. de 2023

Visto 11 veces

Instituto da Lingua Galega

Conferencia

Investigación, docencia, asesoramento lingüístico, xestión cultural... Son ben diversas as saídas laborais que teñen por diante as e os titulados de estudos de galego na Universidade de Vigo. Para explicar todas elas e detallar todas as súas posibilidades, a Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu unha xeira informativa organizada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina, onde antigas estudantes do centro explicarán ao actual alumnado cales son as saídas posibles no mundo laboral.

Fonte: DUVI

Presenta: María Bará Louro
Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades
Reyes Rodríguez Rodríguez
investigadora no Instituto da Lingua Galega