8M Día Internacional das Mulleres 2023 8 de mar. de 2023

Visto 182 veces

8M Día Internacional das Mulleres 2023

Durante o acto faise entrega do Premio Uviguala 2023 para Rosa Graña, xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos. e as alumnas Lara e Rosalía, en representación de AUCE-Asociación Universitaria de Ciencias da Educación, presentan o manifesto do estudantado.

“Necesitamos unha revolución, unha transformación radical que acabe coas desigualdades, coa violencia, coa inxustiza e coa precariedade. A revolución que necesitamos é o feminismo”. Con esta reivindicación recolle o Premio Uviguala 2023 Rosa Graña, xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos. A entrega desta distinción, que recoñece o compromiso das e dos membros da comunidade universitaria coa igualdade, é o eixo central das actividades que organiza a Universidade de Vigo para conmemorar o Día Internacional da Muller.

No acto, que se celebra no edificio Miralles, o reitor, Manuel Reigosa, felicita á galardoada, “unha persoa que traballa 24 horas ao día, sete días á semana, 365 días ao ano, pola igualdade”. Na súa intervención, o reitor recoñece que aínda queda camiño por andar para acadar unha “sociedade xusta e igualitaria”, porque “os datos amosan que, incluso nunha Universidade que se preza de ser igualitaria, que se manifesta feminista e que no seu Plan Estratéxico ten a igualdade como eixo fundamental, aínda non somos igualitarios”. Reigosa tamén recoñece sentir “unha mestura incómoda, entre a ledicia e o desazó” pola falta de unión do feminismo neste 8M. “Esta marea de cor e enerxía, esta auténtica revolución que se vén anunciando dende hai tempo está fracturada”, recalcaba, e cómpre “aparcar as diferenzas e traballar na busca dese mundo mellor no que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades”. Para iso solicitou “a todas e todos unidade de pensamento e de acción, hai que debater moito, tomar acordos e seguir xuntas, porque xuntas somos máis fortes”.

A directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, é a encargada de ler a acta da Comisión de Igualdade que acordou por unanimidade concederlle esta distinción a Rosa Graña, por ser, entre outros méritos, “un exemplo da xestión con perspectiva de xénero, no traballo de administración e de servizos da nosa universidade; de compromiso profesional e institucional co alumnado máis desfavorecido ou vulnerable; por ser unha icona dentro da UVigo como referente de que a transversalidade de xénero na xestión administrativa e de servizos na nosa comunidade universitaria, loitando por evitar as situación de violencia machista institucional ou por traballar para converter a nosa Universidade nun lugar acolledor e seguro, que promove a convivencia e o respecto durante o proceso de aprendizaxe e madurez do noso alumnado, co fin de contribuír activamente á construción dunha sociedade máis humana, xusta e igualitaria”.

Fonte DUVI

Iseo a Moura
Intervención artística
Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Universidade de Vigo
Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.
Rosa Graña
Xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos, Universidade de Vigo
Lara e Rosalía
Representantes de AUCE- Asociación Universitaria de Ciencias da Educación., Campus de Ourense. Universidade de Vigo
Reitor, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
8M Día Internacional das Mulleres 2023
Durante o acto faise entrega do Premio Uviguala 2023 para Rosa Graña, xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos. e as alumnas Lara e Rosalía, en representación de AUCE-Asociación Universitaria de Ciencias da Educación, presentan o manifesto do estudantado.
8 de mar. de 2023
Estas son as nosas voces. Día Internacional da Muller 2023
Colaxe de reivindicacións e discursos do movemento feminista en diferentes lugares do mundo
8 de mar. de 2023
Estas son as nosas voces. Día Internacional da Muller 2023 (só audio)
Colaxe de reivindicacións e discursos do movemento feminista en diferentes lugares do mundo
8 de mar. de 2023